Friday 03 de May de 2024

70 competidores danse cita no VI Trofeo de Tiro con Arco


70 arqueiros e arqueiras participaron esta pasada fin de semana no VI Trofeo Concello de Ordes de Tiro con Arco. O pavillón Campomaior albergou esta competición organizada pola Asociación Deportiva Arqueiros do Adarve e na que colaborou o Concello de Ordes. Os resultados acadados demostraron, unha vez máis, a boa puntería da que gozan os participantes de Ordes, especialmente no caso de Hugo Fandiño, primeiro clasificado na categoría esquío. Rubén Pérez foi cuarto na categoría infantil masculina, Pilar Candal e Ana López remataron segunda e sétima na novel feminina, Fátima Rodríguez e Estela Rey remataron terceira e quinta na sénior feminina, mentres que Roberto Martínez e Pedro del Río ocuparon a terceira e décima posición na sénior masculina.
Ana Soneira, concelleira de Deportes do Concello de Ordes, foi a encargada de entregarlle os galardóns aos primeiros clasificados.